Friday 03 de May de 2024

As restricións decretadas pola Xunta pola COVID obrigan a realizar os espectáculos “La verbena de la paloma” e “Grandes Voces para grandes óperas” cunhacapacidade reducida


A promotora das representacións devolverá o diñeiro das entradas

Debido ás restricións de capacidade decretadas pola Xunta de Galicia derivadas da crise da COVID, os espectáculos da Tempada Lírica A Coruña 2020 previstos para esta semana (“La verbena de la Paloma” e “Grandes Voces para grandes óperas”) realizaranse cunha capacidade reducida de 60 persoas, que corresponden coas 60 primeiras que adquiriron a entrada, de acordo coa plataforma de venda de localidades.
O promotor do evento, a Asociación Amigos da Ópera, porase en comunicación coas e cos 60 compradores que, conservando a súa localidade, poderán acudir ao evento.
Para todas/os as/os demais, procederase á devolución do prezo das localidades a través do mesmo medio de pago (efectivo/tarxeta) en que se realizou a venda.
Para compras en liña e as que se realizaron no despacho de billetes con tarxeta de crédito, procederase á devolución automática do seu importe a través da tarxeta de crédito/debido coa que se realizou a compra. A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que se incluíron na operación.

Para as compras que se materializaron en efectivo no despacho de billetes, habilitaranse os seguintes despachos de billetes nas seguintes datas e horarios: Despacho de billetes Teatro Colón: do 2 de setembro ao 5 de setembro, ambos os días incluídos
Horario 10.30 – 14.00 horas e 16.30 – 20.30 horas
Despacho de billetes Praza de Ourense: Do 7 ao 11 de setembro ambos os días incluídos.
Horario habitual despacho de billetes Praza de Ourense (09.30-13.00 horas e 16.30 h- 19.30 horas)